fondosup
Fondo
Casa O Trisquuel

Publicaciones O Trisquel

“Martiño e o lobo de Pena Trevinca” é unha viaxe a
través da Rede Natura 2000. Tódolos contos
transmiten valores, e este non a ser menos:

O valor de respectar a natureza.  
O valor de amala, porque ela nos da vida.
O valor de entendela, porque dela nos mantemos.
O valor de gozala, porque ela nos acolle.

O que non se coñece non se ama e por iso que
queremos que coñezas onde vives para que
aprendas a amala túa terra.

A beleza da natureza está en poder imaxinala. Si les
este conto vai imaxinando cada personaxe, cada
paisaxe, cada cor, cada olor, vaino creando todo,
deixándote levar pola fantasía.

Este privilexio busques onde busques non o vas a
atopar, a veces moita xente pasa pola vida e non

o descubre. Tí tes hoxe esa oportunidade.

Autor: Antonio Fernández Pena (Cholo)
Ilustracións: Eduardo Martín Pita

 

Este libro é un agasallo do Concello de A Veiga e vai
dirixido a tódolos meniños de A Veiga que aínda non coñecen Pena Trevinca para que cando medren
recoñezan picos e pendos, ríos e regatos, árbores,
flores e tódolos animais da serra e así poidan
transmitir as xeracións vindeiras a importancia de
conservar a natureza.

Tamén a tódolos nenos que queiran coñecer e conservar Pena Trevinca.

Fernando Fernández Yañez

Alcalde da Veiga

Martiño e o Lobo


Información Legal | Contacto | Telf.: (+34) 988 29 48 58 - 689 53 66 01
Fondo
fondoinf